miércoles, 16 de enero de 2013

Cores Tourís recibiu á Asociación polo Saneamento de Tomiño para analizar a situación do colector de Carregal-Torrón


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu onte aos representantes da Asociación Polo Saneamento de Tomiño con quen analizou a situación de varias parroquias deste concello de Baixo Miño que se atopan sen este servizo pese a existencia dun compromiso municipal de 2010 para atallar estas deficiencias.  
No encontro, a asociación estivo acompañada da portavoz do PP no municipio do Baixo Miño, Paula Romeu. Tamén acudiu a mesma o xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez.
O colectivo deu traslado ao delegado territorial da súa preocupación polo retraso na execución do colector do tramo 3, entre Carregal-Torrón, no límite co concello de Tui. Esta obra permitiría dar servizo de saneamento as parroquias de Amorín, Currás, Piñeiro, Sobrada e Taborda. “A maiores, aínda que se executase esta obra”, aseguraron os membros desta asociación, “aínda quedarían outras duas zonas, as de Pinzás e Barrantes, sen saneamento, polo que habería que buscar tamén unha solución para estas dúas parroquias do municipio”.
Os afectados recordaron que esta infraestrutura, “vital para boa parte do municipio”, é competencia municipal. “Atópase reflexada dentro do Plan de Saneamento do Concello de Tomiño do ano 2010, e a comezos de 2013 segue sen ser unha realidade, polo que vimos aquí para solicitar o apoio e colaboración da administración autonómica”, explicaron os portavoces da asociación.
Ademais, tamén recordaron que nestes intres, os veciños destas parroquias teñen que facer fronte ao custo económico que supón o vaciado das fosas sépticas. “Supón un custo moi elevado para cada particular. Nós o que demandamos é que, xa que o concello non pon en marcha o proxecto de saneamento, a lo menos colabore na recollida dos residuos destas fosas sépticas”, explicaron.
Aseguran que non atopan apoio nin vontade por parte do grupo de Goberno local para conseguir unha solución a actual situación.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recolleu as demandas do colectivo e trasladoulles que se estudarán as súas alternativas, pero recordou que se trata “dunha competencia municipal, polo que dende aquí facemos un chamamento aos responsables do concello para que tomen conciencia da situación destas parroquias e aporten solucións a estas demandas”.
José Manuel Cores Tourís recordou que a Xunta de Galicia fíxose xa cargo do custo do mantemento da EDAR de Goián. “É un forte investimento que libera a carga de gasto do concello que debería, en contrapartida, colaborar de xeito máis efectivo con estes veciños para buscar solucións e por en marcha os compromisos aos que chegou no seu día cos afectados”.
A maiores, o delegado territorial insistiu ante os representantes do colectivo de afectados no feito de que a administración autonómica “fixo os seus deberes” en relación a este municipio, e recordou que en 2011, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas fixo entrega ao Concello de Tomiño as obras da rede de colectores, que repercutiron nunha mellora no estado da bacía do río Cereixo.  O investimento destinado a este fin elevouse a 1,6 millóns de euros.
“Estas actuacións”, engadiu Cores Tourís, “son consecuencia da preocupación do Goberno galego, a través da Administración Hidráulica de Galicia, consciente dos problemas de saneamento e depuración detectados nas rías galegas, co fin de minimizar e controlar as verteduras ao dominio público”.
A actuación no entorno do río Cereixo centrouse na rede de colectores dos núcleos de Tebra, A Igrexa, A Bouzafría, O Carballal, O Porto, O Casal e Lubián. Esta rede verterá a un colector principal que discorre pola marxe dereita do río, levando as augas ao colector xeral de Tomiño. A rede de colectores estruturouse a través dun colector principal e un ramal que discorre pola berma da PO-334, cunha lonxitude de 3.840,21 metros e 111 pozos de rexistro que recollen as augas do resto dos ramais.
As citadas actuacións supuxeron un importante beneficio para os máis de 14.400 veciños do concello de Tomiño, xa que anteriormente o saneamento dos asentamentos de poboación da bacía do río Cereixo se realizaba a través de fosas sépticas individuais, sen que existira unha rede de recollida de augas residuais que permitirá a súa depuración

viernes, 28 de diciembre de 2012

OS POZOS DE AUGA DOMÉSTICA DE TOMIÑO ESTÁN CONTAMINADOS.


Segundo o estudo feito polo departamento de Ecoloxía e Bioloxía animal da Universidade de Vigo, que dirixe a profesora Dona Josefina Garrido, o 75% dos pozos de auga doméstica de diversas parroquias de Tomiño dos que se tomaron mostras aleatoriamente, están contaminados, é decir, non son aptos para o consumo humano.
 Dende a Asociación polo Saneamento de Tomiño, queremos denunciar a situación actual das augas subterráneas que son utilizadas para uso doméstico polos veciños e supoñen un serio risco para a súa saúde.
            Seguimos solicitando as administracións competentes que fagan as inversións necesarias en saneamento para atallar este grave problema de saúde pública.
Así mesmo denunciamos que a Xunta de Galicia dende o ano 2009, ten paralizado o investimento do colector número III, do colector xeral, que vai dende Carregal a Torrón e que daría servizo a 5 parroquias e a máis de 5.000 habitantes.

domingo, 13 de mayo de 2012

viernes, 10 de febrero de 2012

Actualización do dosier

Coa data de hoxe, queda actualizado o dosier.
Premendo na pestana dosier accedese o documento que está en formato pdf.       

viernes, 6 de enero de 2012

Loteria de Nadal

O pagamento da Lotería de Nadal efectuarase:

  • Lugar:       Casa dos Mestres de Amorín.
  • Horario:     11:00 a 12:30 horas
  • Dias:           
                          8 e 22 de xaneiro.
                          12 e 26 de febreiro.
                          4 e 18 de marzo.


As persoas agraciadas co número 33.884, deberán acudir portando a súa papeleta e o seu DNI.

viernes, 21 de octubre de 2011

O concello de Tomiño di que non investirá nin un euro en Saneamento


según manifesta o seu concelleiro Xaquin Villadangos.

A Asociación Polo Saneamento de Tomiño,  reuniuse  dúas veces co actual concelleiro de Medio Ambiente, Xaquin Villadangos, no Concello de Tomiño.
A primeira vez, tras ser elixido no seu cargo, esta Asociación acudiu ao Concello, para informarlle do traballo que viña facendo esta Asociación, dende que se formou,na sua loita por conseguir algo tan esencial, no século XXI,  como o Saneamento, nun concello de12 mil habitantes. Tamén se lle trasladaron as demandas dos veciños e veciñas. Nesta primeira reunión, o Concelleiro comprometérase a intentar buscar algún tipo de solución.
A segunda reunión,  tivo lugar a semana pasada. Nela, sorprendentemente, o concelleiro, manifestoulle aos representantes da Asociación polo Saneamento, que non ia facer nada. Dixo textualmente, “no ano 2012, non se vai investir un euro do presuposto do Concello en Saneamento”.
Así mesmo, manifestou que  ”tampouco estaba disposto a dedicar diñeiro do concello para solucionar o tema das fosas sépticas”: nin o aumento do seu número (que están contaminando aos pozos de auga potable), nin do seu baleirado, nin do custo económico que supón para os veciños.
Desta maneira, baixo o lema “non hai diñeiro”, os políticos esquécense das responsabilidades que deben ter diante dos veciños que os elixiron. Seica o Saneamento só sirve para facer campaña electoral.

miércoles, 19 de octubre de 2011

Propostas, feitas por esta Asociación ao Concello de Tomiño, para o valeirado dos pozos negros.

En vrebe, daranse a conocer as propostas que se lle fixeron o Concello, para que as veciñas e veciños non tivesen que pagar tanto polo valeirado dos pozos negros. O Concello non quere saber nada sobre o asunto.
Todo estará na sección de POZOS NEGROS.

jueves, 6 de octubre de 2011

ASAMBLEA ORDINARIA

O próximo 16 de outubro, na Casa dos Mestres de Amorín, reúnese en Asamblea ordinaria, a Asociación polo Saneamento en Tomiño, para informar ante as Asociacións de Veciños, Comunidades de Montes, Traidas de Augas e Veciños e Veciñas sobre:

  • Estado económico.
  • Xestións.
  • Actuacións futuras.

miércoles, 3 de agosto de 2011

AXUDAS DA DEPUTACIÓN DENDE 2009 ATA 2011


Estas son as prioridades que tiña o Concello de Tomiño, na lexislatura pasada.

Dos millón e medio (1.500.000) de euros concedidos, tan só se invertiron dous centos mil (200.000) euros en saneamento.

 Menuda tomadura de pelo.


O saneamento é prioritario no noso Concello?????

miércoles, 27 de julio de 2011

PRIORIDADE NO SANEAMENTO DO CONCELLO DE TOMIÑO

Inversións en saneamento dende 2007 a 2010
Deste cadro de inversións, o Concello de Tomiño, non aprotou nada con fondos propios. 
Menos mal que o saneamento no noso Concello é prioritario.... Esperamos que os políticos teñan conciencia do problema que están a padecer os veciñ@s.

jueves, 21 de julio de 2011

Reunión no Concello de Tomiño

Como tíñamos previsto, reunímonos co Concelleiro de Medio Ambente do Concello de Tomiño Don Xaquín Villadangos Fernández.
Os obxetivos principales da reunión foron:
  1. Coñcer cal será o plan de traballo da súa concellería para os vindeiros catro anos.
  2. Expoñer por parte desta Asociación as demandas polas que está a traballar.
  • Tramo III colector xeral.
  • Fosas sépticas.
  • Saneamento de Carregal e Taborda.
 Ó remate desta reunión alcordouse plantear outra para dentro de dous meses aproximadamente; onde se concretarían posibles solucións as demandas solicitadas.

domingo, 17 de julio de 2011

REUNIÓN CO CONCELLEIRO DE MEDIO AMBENTE

O vindeiro xoves 21 de xullo, ímonos reunir co novo Concelleiro de Medio Ambente do Concello de Tomiño, para conocer a liña de traballo que ten marcada o Concello, en materia de saneamento, para estes próximos catro anos. Tamen lle faremos chegar o Concelleiro, as demandas polas que esta Asociación está a traballar.

viernes, 29 de abril de 2011

OBRA CHAPUZA

La Asociación polo Saneamento de Tomiño,

INFORMA:        
         Uno de los pozos de bombeo/impulsión del colector general que suministra la depuradora, tiene anexada una arqueta eléctrica subterránea. Está ubicada en el suelo, en medio de un camino

jueves, 21 de abril de 2011

O CONCELLO NON RESPONDE AS PETICIÓNS DOS VECIÑOS

O CONCELLO DE TOMIÑO NON RESPONDE A SOLICITUDE FEITA POLA ASOCIACIÓN DO SANEAMENTO
            Os veciños/as do Concello de Tomiño, teñen que baleirar os pozos negros cada vez mais a miúdo. O índice de contaminación das augas subterráneas e cada vez mais alto. Cun costo económico cada vez mais imposible de facerlle fronte.

sábado, 12 de febrero de 2011

Concentración veciñal no Concello de Tomiño



O Sábado 12 de febreiro, a Asociación Polo Saneamento de Tomiño, convocou una concentración  de veciños e veciñas do Concello, diante da Praza do Concello.

domingo, 7 de noviembre de 2010

REUNIÓN INFORMATIVA EN PINZÁS

Debido á petición da Asociación veciñal de Pinzás, para obter información acerca do Saneamento, a Asociación polo Saneamento de Tomiño, celebrou hoxe domingo, 7 de novembro,  unha reunión informativa no local da Asociación de Pinzás.
                  A temática tratada nesta asemblea, foi:

domingo, 31 de octubre de 2010

ASAMBLEA EN CARREGAL



Debido á petición das Asociacións veciñais de Carregal e Taborda, para obter información acerca do Saneamento, a Asociación polo Saneamento de Tomiño, celebrou hoxe domingo, 31 de outubro,  dúas reunións informativas en Carregal e Taborda.

sábado, 30 de octubre de 2010

ASAMBLEA EN TABORDA


 Debido á petición das Asociacións veciñais de Carregal e Taborda, para obter información acerca do Saneamento, a Asociación polo Saneamento de Tomiño, celebrou hoxe domingo, 31 de outubro,  dúas reunións informativas en Carregal e Taborda.

domingo, 10 de octubre de 2010

Reunión informativa en Barrantes

Barrantes
O domingo 10 de ouctubro, a las 11 horas, no pabillón multiusos de Barrantes (Tomiño), a Asociación polo Saneamento de Tomiño, fixo unha exposición, diante d@s numeros@s veciñ@s que asistiron, na que se trataron os seguintes temas:

lunes, 2 de agosto de 2010

REUNIÓN INFORMATIVA EN SOBRADA

        Como estaba previsto, onte 1 de agosto, as 11 horas, no pavillón de Sobrada, acudiron mais de
200 veciñ@s, os ciclos de reunións informativas que se estan desenvolvendo por parte da Asociación
polo Saneamento de Tomiño, en cada unha das parroquias que o solicitan.
Presentouse por parte da Asociación do Saneamento unha proxección, en donde se deu unha
explicación dos seguintes apartados:

sábado, 10 de abril de 2010

CONSTITUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Tomiño 10 do 04 do 2010.
            O pasado 7 de febreiro do 2010, constitúese no Concello de Tomiño unha nova Asociación, chamada ASOCIACIÓN POLO SANEAMENTO DE TOMIÑO, coa finalidade fundamental de conseguir o saneamento para Tomiño e defender o medio ambente.
            Este Asociación

martes, 30 de marzo de 2010

FORMULARIO SOCIO

Formulario de inscripción.

ESTATUTOS ASOCIACIÓN

Estatutos Asociación Polo Saneamento de Tomiño.