domingo, 7 de noviembre de 2010

REUNIÓN INFORMATIVA EN PINZÁS

Debido á petición da Asociación veciñal de Pinzás, para obter información acerca do Saneamento, a Asociación polo Saneamento de Tomiño, celebrou hoxe domingo, 7 de novembro,  unha reunión informativa no local da Asociación de Pinzás.
                  A temática tratada nesta asemblea, foi:

•       xestións realizadas pola Asociación do Saneamento diante do Concello, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia: reunións co delegado da Xunta, escritos dirixidos a Aguas de Galicia, debate de iniciativas non de lei no Parlamento de Galicia, petición de reunión con presidente da Deputación de Pontevedra, reunións co Concello.
         No escrito a Augas de Galicia reclamouse a redución de taxas dos verquidos das fosas sépticas na depuradora. Pero Augas de Galicia contestou que ese tema depende da empresa explotadora da depuradora, que ten un convenio co Concello.
         A Asociación pediu por escrito ao Concello a redución das taxas do baleirado das fosas sépticas, unha inversión mínima dos orzamentos municipais para o Saneamento, elaboración dos proxectos de Taborda e Carregal e o proxecto do colector do Río Pego. A única resposta oficial do Concello foi que o Concello non asume este costo do baleirado das fosas sépticas.
•        Estado das aguas subterráneas e o seu grado de contaminación. Según os estudos presentados por O Instituto Xeolóxico e  Mineiro de España e a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños de Coruña, o 80% da auga subterránea de Galicia, non é apta para o consumo.
•        Presentouse aos veciños o plan  director redactado polo Concello para a parroquia de Pinzás.
         Os veciños de Pinzás mostraron o seu desacordo con respecto a instalación dunha minidepuradora na zona, xa que hai outras formas de facer as cousas. Tamén amosaron o seu descontento co concello, por non investir no saneamento, os 150.000 euros que había dispoñibles. Os cartos foron desviados por o Concello para os traballos de adecuación da Fortaleza de Goián.
                   A asistencia masiva dos veciños a esta reunión, puxo en evidencia o gran interés que este tema esperta entre todos.


         Os veciños, están cada vez máis concenciados da necesidade de implicarse na consecución do saneamento. Por iso , non dubidan en manifestar o seu apoio as iniciativas que xurden nestas reunións de veciños.