O CONCELLO DE TOMIÑO NON RESPONDE A SOLICITUDE FEITA POLA ASOCIACIÓN DO SANEAMENTO
Os veciños/as do Concello de Tomiño, teñen que baleirar os pozos negros cada vez mais a miúdo. O índice de contaminación das augas subterráneas e cada vez mais alto. Cun costo económico cada vez mais imposible de facerlle fronte.
Estas razóns son as que levan a Asociación polo Saneamento de Tomiño, a facer unha petición por escrito, diante do Concello de Tomiño, o pasado 12 de febreiro do 2011,no que se piden explicacións a cerca dos convenios establecidos entre o Concello e a empresa que explota a depuradora de Tomiño.
Ante a falta de resposta por parte do Concello, exisimos unha pública explicación do proceso e trámites administrativos que levan ao cálculo da TAXA DE VERQUIDO NA EDAR. Cada veciño paga 80 euros por viaxe. No recibo que previamente precisamos obter no Concello, aparece a cifra de 5,5 euros por metro cúbico.
Cal é a ordenanza administrativa que regula esta taxa?.
Por que non se paga directamente ao Concello, como o resto das taxas municipais?.
Quen decide o que se debe pagar por metro cúbico?.
Por que se utiliza a mesma autorización para baleirar distintas fosas sépticas?.
Estas preguntas sen respostas por parte dos políticos que gobernan no Concello, son as que teñen en mente os sufridos veciños de Tomiño, que seguen carecendo de saneamento. Todos prometen en campaña electoral. O saneamento é o argumento utilizado por todos. Estamos a espera de que realmente fagan algo en prol da gratuidade do baleirado das fosas sépticas.

