lunes, 2 de agosto de 2010

REUNIÓN INFORMATIVA EN SOBRADA

        Como estaba previsto, onte 1 de agosto, as 11 horas, no pavillón de Sobrada, acudiron mais de
200 veciñ@s, os ciclos de reunións informativas que se estan desenvolvendo por parte da Asociación
polo Saneamento de Tomiño, en cada unha das parroquias que o solicitan.
Presentouse por parte da Asociación do Saneamento unha proxección, en donde se deu unha
explicación dos seguintes apartados:

1. Presentación da Asociación.
2. Contaminación de augas subterraneas.
3. Apartado técnico. Estado do saneamento no Concello e na parroquia de Sobrada.
Todas as persoas que asistiron a esta convocatoria amosaron gran interés do estado das
augas subterraneas, que fácil se poden contaminar, de como se está desenvolvendo o saneamento no
concello de Tomiño, e moi especialmente na parroquia de Sobrada.
Con referencia o saneamento da parroquia de Sobrada, expuxose os/as veciños/as que este dependia
do tramo III do colector xeral (Carregal-Torrón), o cal:
• Ten proxecto por parte do Concello.
• Ten todos os tramites administrativos.
e a actual Xunta de Galicia ten paralizado por falta de financiación, pondo como escusa que xa está
invertindo nun colector do río Furnia e outo do río Cereixo, cando é unha mentira, xa que no colector do
rio Cereixo só invirte un 30%, posto que o 70% son fondos europeos; e no colector do río Furnia é para
dar servizo a poboación do concello de Tui e non os veciñ@s do concello de Tomiño.
A maioría dos veciñ@s quedaron abraiados cando se lles dixo que habia un protocolo firmado,
con data 2 de frebreiro do 2009, entre o Ministerio de Medio Ambiente e Xunta de Galicia, sobre o Plan
de Saneamento para toda Galicia, en onde o colector principal de Tomiño se incluía; pero a actual Xunta
non estimou correcto ese acordo, e os veciñ@s a data de hoxe estamos sen colector.
Despois de todo o que se expuxo e se debatiu, os veciñ@s propuxeron movilizarse se non se
atenden as peticións que esta levando acabo esta Asociación.