viernes, 21 de octubre de 2011

O concello de Tomiño di que non investirá nin un euro en Saneamento


según manifesta o seu concelleiro Xaquin Villadangos.

A Asociación Polo Saneamento de Tomiño,  reuniuse  dúas veces co actual concelleiro de Medio Ambiente, Xaquin Villadangos, no Concello de Tomiño.
A primeira vez, tras ser elixido no seu cargo, esta Asociación acudiu ao Concello, para informarlle do traballo que viña facendo esta Asociación, dende que se formou,na sua loita por conseguir algo tan esencial, no século XXI,  como o Saneamento, nun concello de12 mil habitantes. Tamén se lle trasladaron as demandas dos veciños e veciñas. Nesta primeira reunión, o Concelleiro comprometérase a intentar buscar algún tipo de solución.
A segunda reunión,  tivo lugar a semana pasada. Nela, sorprendentemente, o concelleiro, manifestoulle aos representantes da Asociación polo Saneamento, que non ia facer nada. Dixo textualmente, “no ano 2012, non se vai investir un euro do presuposto do Concello en Saneamento”.
Así mesmo, manifestou que  ”tampouco estaba disposto a dedicar diñeiro do concello para solucionar o tema das fosas sépticas”: nin o aumento do seu número (que están contaminando aos pozos de auga potable), nin do seu baleirado, nin do custo económico que supón para os veciños.
Desta maneira, baixo o lema “non hai diñeiro”, os políticos esquécense das responsabilidades que deben ter diante dos veciños que os elixiron. Seica o Saneamento só sirve para facer campaña electoral.