viernes, 28 de diciembre de 2012

OS POZOS DE AUGA DOMÉSTICA DE TOMIÑO ESTÁN CONTAMINADOS.


Segundo o estudo feito polo departamento de Ecoloxía e Bioloxía animal da Universidade de Vigo, que dirixe a profesora Dona Josefina Garrido, o 75% dos pozos de auga doméstica de diversas parroquias de Tomiño dos que se tomaron mostras aleatoriamente, están contaminados, é decir, non son aptos para o consumo humano.
 Dende a Asociación polo Saneamento de Tomiño, queremos denunciar a situación actual das augas subterráneas que son utilizadas para uso doméstico polos veciños e supoñen un serio risco para a súa saúde.
            Seguimos solicitando as administracións competentes que fagan as inversións necesarias en saneamento para atallar este grave problema de saúde pública.
Así mesmo denunciamos que a Xunta de Galicia dende o ano 2009, ten paralizado o investimento do colector número III, do colector xeral, que vai dende Carregal a Torrón e que daría servizo a 5 parroquias e a máis de 5.000 habitantes.