domingo, 10 de octubre de 2010

Reunión informativa en Barrantes

Barrantes
O domingo 10 de ouctubro, a las 11 horas, no pabillón multiusos de Barrantes (Tomiño), a Asociación polo Saneamento de Tomiño, fixo unha exposición, diante d@s numeros@s veciñ@s que asistiron, na que se trataron os seguintes temas:

·        Estado da contaminación no que se atopan as augas subterráneas da zona. Según os estudos presentados por O Instituto Xeolóxico e  Mineiro de España e a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños de Coruña, o 80% da auga subterránea de Galicia, non é apta para o consumo.
·        O estado do saneamento no Concello de Tomiño, do que só se ten desenvolvivo o 20% do que é preciso,  e  concretamente na parroquia de Barrantes, onde non hai prevista ningunha actuación por parte das diferentes administración.
·        Exposición do Plan Director, en materia de saneamento, que ten elaborado o Concello de Tomiño. Este plan ten previsto dúas opcións: instalar minidepuradoras en Vilachán do Monte e Cristelos de Abaixo; ou unir estes núcleos de poboación, mediante colectores, coa poboación de Barrantes.
·        Estado das negociacións co Concello, en materia de inversións e baleirado de fosas sépticas. 
Esta Asociación, pediulle ao Concello que asuma parte dos custos do baleirado das fosas sépticas. O Concello non da ningunha resposta.
 Tamén se lle propuxo ao Concello destinar unha porcentaxe maior dos orzamentos municipais, para investir no Saneamento. Consideramos o Saneamento unha  necesidade máis importante no Concello, que o gasto en festexos, compras de terreos e outras  cousas similares, que non son tan esenciais.

Todos  estos temas foron expostos e analizados polo miúdo,  tal e coma se ten feito noutras  parroquias do Concello de Tomiño, por esta Asociación.
 Os veciñ@ de Barrantes, que en gran número acudiron a esta reunión, amosaron o seu descontento coa situación. Ao tempo, manifestaron o seu desexo de iniciar algún tipo de protesta veciñal, diante das diferentes administracións.
Súmanse así, ao descontento doutras parroquias, que pensan en iniciar algún tipo de movilización.