Debido á petición das Asociacións veciñais de Carregal e Taborda, para obter información acerca do Saneamento, a Asociación polo Saneamento de Tomiño, celebrou hoxe domingo, 31 de outubro, dúas reunións informativas en Carregal e Taborda.
A reunión en Carregal, ás 11:30 horas, tivo lugar no local da Asociación de Veciños de Carregal. A de Taborda, comezou as 17:00, no local da Asociación de veciños de Taborda.
A temática tratada nestas asembleas, foi:
· xestións realizadas pola Asociación do Saneamento diante do Concello, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia: reunións co delegado da Xunta, escritos dirixidos a Aguas de Galicia, debate de iniciativas non de lei no Parlemento de Galicia, petición de reunión con presidente da Deputación de Pontevedra, reunións co Concello.
No escrito a Augas de Galicia reclamouse a redución de tasas dos verquidos das fosas sépticas na depuradora. Pero Augas de Galicia contestou que ese tema depende da empresa explotadora da depuradora, que ten un convenio co Concello.
A Asociación pediu por escrito ao Concello a reducción das tasas do baleirado das fosas sépticas, unha inversión mínima dos orzamentos municipais para o Saneamento, elaboración dos proxectos de Taborda e Carregal e o proxecto do colector do Río Pego. A única resposta oficial do Concello foi que o Concello non asume este costo do baleirado das fosas sépticas.
· Estado das aguas subterráneas e o seu grado de contaminación. Según os estudos presentados por O Instituto Xeolóxico e Mineiro de España e a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños de Coruña, o 80% da auga subterránea de Galicia, non é apta para o consumo.
· Presentouse aos veciños o plan director redactado polo Concello para as diferentes parroquias.
Os veciños de Carregal mostraron o seu descontento co concello, por non invertir no saneamento desta parroquia, os 150.000 euros que había dispoñibles. Hai anos que teñen o colector xeral pero non se remata o saneamento.Os cartos foron desviados por o Concello para os traballos de adecuación da Fortaleza de Goián.
Os veciños de Taborda reclaman a redacción do proxecto e a execución do sanemento para a súa parroquia.
A asistencia masiva dos veciños a estas reunións, puxo en evidencia o gran interés que este tema desperta entre todos.
Os veciños, están cada vez máis concenciados da necesidade de implicarse na consecución do saneamento. Por iso , non dudan en manifestar o seu apoio as iniciativas que xurden nestas reunións de veciños.
