Tomiño 10 do 04 do 2010.
O pasado 7 de febreiro do 2010, constitúese no Concello de Tomiño unha nova Asociación, chamada ASOCIACIÓN POLO SANEAMENTO DE TOMIÑO, coa finalidade fundamental de conseguir o saneamento para Tomiño e defender o medio ambente.
Este Asociación
nace pola iniciativa das asociacións que forman a Federación de Asociacións Terramiño do concello de Tomiño, xa que as parroquias que carecen de saneamento, son as que teñen un desenvolvemento urbanístico e un crecemento da poboación maior. Tamén formou parte desta iniciativa a Asociación en Defensa do río Furnia e outros.
nace pola iniciativa das asociacións que forman a Federación de Asociacións Terramiño do concello de Tomiño, xa que as parroquias que carecen de saneamento, son as que teñen un desenvolvemento urbanístico e un crecemento da poboación maior. Tamén formou parte desta iniciativa a Asociación en Defensa do río Furnia e outros.
Outro factor que crea o inicio desta asociación é a falta de inversión por parte da administración competente, posto que actualmente non existe ningún plan de inversións nesta materia para o concello de Tomiño.
Forman parte desta Asociación :
- as Asociación de Veciños de Taborda, Barrantes, Pinzas, Curras, Carregal, Amorín e Sobrada.
- as Comunidades de Montes de Sobrada, Currás, Barrantes, Taborda e Tomiño.
- Como tamén varias persoas a nivel individual.
Unha vez formada a Asociación, defínense as liñas principais de traballo:
a) Informativa: Levar a información sobre a Asociación e a súa actividade a todas as parroquias afectadas.
b) Colaboradora: Promover un traballo de colaboración, na medida do posible, có Concello.
c) Independente: Manter a actividade ao marxe de posturas partidistas.
Con respecto a liña informativa xa se mantiveron reunións:
· nas parroquias de Taborda, Carregal e Amorín, quedando pendentes as de Sobrada, Currás, Piñeiro, Barrantes e Pinzás.
· tamén xa se fixo unha presentación oficial da Asociación, no salón de plenos, a tódolos grupos políticos que compoñen o Concello de Tomiño.
· Estase intentando manter reunións con tódolos grupos políticos do Concello, para expor a necesidade do saneamento, e obter os apoios necesarios para que se execute canto antes.