sábado, 12 de febrero de 2011

Concentración veciñal no Concello de Tomiño



O Sábado 12 de febreiro, a Asociación Polo Saneamento de Tomiño, convocou una concentración  de veciños e veciñas do Concello, diante da Praza do Concello.
            O motivo da concentración, era apoiar os membros da Asociación que as doce da mañá , ían entregar as sinaturas que se recolleron nas parroquias, para pedir o Saneamento no Concello.
            Deste xeito, entregáronse as 476 sinaturas de Carregal e as 310 sinaturas de Taborda, nas que esixen que se elabore o proxecto, xa que teñen para onde verter.
            Tamén se entregaron  1774 ( MIL SETECENTAS SETENTA E CATRO ) sinaturas que se recolleron nas parroquias de Amorín, Carregal, Currás, Sobrada, Taborda, Tomiño, Pinzás e Barrantes, pedindo:
·        Que se destine un 6% do orzamento do Concello ao Saneamento
·        O baleirado  gratuíto das fosas sépticas (cada viaxe custa 80 euros)
·        que finalicen os verquidos clandestinos que están contaminando o nosos campos, montes e ríos.
·        Que se traten estes problemas  nun Pleno Extraordinario do Concello, publicamente.
·        A directiva pediu tamén unha copia da documentación dos acordos ou convenios  que regulan as taxas que debemos pagar diante da  depuradora. 
           
            A directiva da Asociación, entregou a unha funcionaria do Rexistro as sinaturas ( expediente nº 471).  
            Debe destacarse o desprezo con que os políticos trataron hoxe aos tomiñeses. Ningún representante de ningún partido político do  Concello, se dignou recibir aos veciños e veciñas alí concentrados.